- Detalles
-
Publicado o Luns, 17 Novembro 2014 10:48
-
Visitas: 503
No acto de apertura do encontro participaron a presidenta de Seragro S. Coop. Galega, Noelia García Santoalla; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina Pernas.
http://vimeo.com/111770500
- Detalles
-
Publicado o Venres, 07 Novembro 2014 08:38
-
Visitas: 1357
Un dos trazos máis significativos do programa da 12.ª edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite é o seu carácter internacional, xa que pola Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) pasarán os días 13 e 14 de novembro relatores procedentes de EE. UU., Francia, Holanda e Irlanda.
Baixo o lema Unha ollada cara ao futuro, estes expertos tentarán achegarlles aos gandeiros unha visión actualizada do sector e darlles as claves sobre como optimizar a xestión das súas explotacións, cuxa tendencia é ser cada vez máis e máis grandes.
Coma sempre, a asistencia é libre e gratuíta e non se require inscrición previa, polo que o rexistro e a entrega de material realizaranse in situ os propios días do evento.
Adxuntamos folleto do programa en formato PDF.